Xornada técnica: Presentación de resultados e conclusións do proxecto TIRAC

26/07/2023

O próximo 9 de febreiro celebrarase unha xornada técnica presencial (Lugo) e en liña (vía Zoom), na que se presentarán os resultados e conclusións do proxecto TIRAC para facilitar a implantación das solucións nos sectores obxectivo.

Esta xornada está destinada a persoal técnico dos sectores implicados, como propietarios e técnicos de granxas, cooperativas e explotacións cunícolas; veterinarios; fabricantes de alimentación animal; centros tecnolóxicos, centros de investigación, plataformas tecnolóxicas e universidades; e técnicos e responsables de administracións públicas relacionadas coa eficiencia enerxética, agricultura, o medioambiente e/o desenvolvemento rural.

O programa da cita é o seguinte:

10:00 – 10:15 h.   Recepción de asistentes e benvida.

10:15 – 10:30 h.   Presentación do proxecto TIRAC. Anxela Montero. FEUGA.

10:30 – 10:45 h.   Problemáticas e prioridades do sector. Sabela Al Soufi. Universidade de Santiago de Compostela.

10:45 – 11:15 h.   O papel da fibra na nutrición do coello. Ensaios realizados. Eugenio Cegarra. De Heus Nutrición Animal S.A.U.

11:15 – 11:45 h.   As algas de Galicia como recurso para a elaboración de potenciais ingredientes

saudables na alimentación dos coellos. Antonio Muiños. Porto-Muiños.

11:45 – 12:15 h    Pausa café.

12:15 – 12:45 h.   Efecto in vitro e in vivo dos extractos de algas na alimentación do coello.

Javier García. Universidade Politécnica de Madrid.

12:45 – 13:15 h.  A importancia dun intestino san. Marta López. Universidade de Santiago de Compostela.

13:15 – 13:30 h.  Rogos e preguntas.

13:30 h.                Fin da sesión.

Inscríbete aquí

Revisa aquí todos os detalles do programa da xornada

Esta xornada enmárcase dentro das actividades do plan de divulgación do proxecto, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Orzamento total do proxecto: 491.919,39 €. Subvención total: 485.043,39 €. Máis información: Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.

O responsable do contido desta páxina é o Grupo Operativo TIRAC.

Máis información do proxecto: www.tirac.es