Buscamos facilitar o desenvolvemento e o crecemento de compañías de base tecnolóxica, de iniciativas que fomenten o emprendimiento sobre unha plataforma innovadora
A sede central de FEUGA de Santiago de Compostela acolle o noso Centro de Experimentación e Desenrolo Empresarial (CEDE) a disposición de aqueles emprendedores que queiran poñer en marcha a súa idea de empresa.
As nosas instalacións están preparadas para recibir a que cree unha empresa que explote un produto ou preste un servizo a partir dunha actividade de investigación ou do coñecemento adquirido nas universidades e outros centros científico-tecnolóxicos. Son idóneas, por exemplo, para respaldar o nacemento e consolidación de spin-off surxidas do ámbito universitario.
A estancia máxima na incubadora é de tres años. Para optar a ela o emprendedor presentará un proxecto, de xeito que poda ser analizado e se determine a súa viabilidade.