O proxecto InnovationGUIDE, no que participamos, enfócase en identificar as necesidades rexionais e conectar os ecosistemas de innovación rural nos sectores da agricultura, pesca, turismo sostible e bioeconomía, para fomentar o espírito emprendedor e o desenvolvemento económico en catro rexións europeas de Turquía, Países Baixos, Malta e España.
Queres formar parte desta gran rede que estamos a construír? Apúntate e:
- Formarás parte dunha rede internacional que integra diversos actores que enfrontan retos semellantes.
- Terás acceso a información de valor sobre emprendemento rural: contacto cos membros da rede e outros actores clave identificados a nivel europeo, formas de conectar con distintos ecosistemas, acceso a oportunidades de financiamento, información sobre como abordar a perspectiva de xénero ou problemas e necesidades comúns.
- Poderás participar nas actividades que buscan promover futuros proxectos e entrar nun círculo de potencial futura entrada a novas oportunidades.
- Informarémoste do taller rexional e dun taller en liña interrexional para que poidas asistir.
Cales son os obxectivos do proxecto InnovationGUIDE?
- Involucrar a todos os actores dos diferentes ecosistemas en talleres orientados a desenvolver novas accións enfocadas ao emprendemento para o desenvolvemento económico rural mediante a xeración de programas interrexionais á medida de coaching, formación e incremento de capacidades.
- Atraer e retener talento para promover o desenvolvemento de áreas rurais.
- Crear ecosistemas de innovación no rural máis sostibles.
Que outros beneficios se buscan?
- Axudar ao ecosistema de emprendemento rural a acceder ao apoio á innovación e permitir establecer relacións comerciais e/ou sinerxias empresariais ademais de coñecer a perspectiva de axentes do ecosistema de innovación a nivel europeo mediante o fomento dun diálogo entre partes interesadas, mapeamento e análise de necesidades, oportunidades e axentes involucrados identificando deste modo áreas de vantaxes competitivas para o crecemento económico sostible.
- Influir en responsables políticos para desenvolver programas e plans de acción para promover o apoio aos ecosistemas de innovación.
- Pór en contacto o mundo académico co ecosistema de innovación e emprendemento no rural.
- Obter unha metodoloxía transferíbel en outros proxectos/iniciativas europeas e que permita mellores resultados na presentación a futuras iniciativas de financiamento.
- Establecemento de colaboracións/asociacións: axencias rexionais e nacionais de innovación, institucións académicas relacionadas coa innovación rural, agrupacións relacionadas coa industria e Comunidades de Coñecemento e Innovación do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (CCI do IET).
Como podes participar?
- Rexístrate aquí Stakeholder mapping | InnovationGUIDE (innoguide.eu)
- Apunta! Organizarase un evento rexional en Galicia que terá lugar entre maio e xuño co obxectivo de involucrar a todos os axentes da cuádruple hélice na análise da situación de emprendemento no rural nos sectores agro-mar, turismo e bioeconomía.
- Poderás participar no evento en liña interrexional que che porá en contacto cos ecosistemas emprendedores rurais das diferentes rexións europeas participantes para compartir coñecemento e experiencias en torno ao emprendemento e á innovación rural.
Sumas? Coñece máis sobre o proxecto aquí!