PROTEINLEG, do que FEUGA é representante, celebrará, o próximo martes 15 de febreiro, un webinar no que se presentará o proxecto de innovación. A xornada, que se celebrará de maneira online, comezará ás 10h.
Na iniciativa, formada por un equipo multidisciplinar de diferentes Comunidades Autónomas, participan FEUGA, Ramiro Arnedo, Almacenes Gamallo, Mimic SeaFood, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través da Misión Biolóxica de Galicia (MBG) e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).
No webinar, representantes das empresas participantes expoñerán os obxectivos e actividades a desenvolver no proxecto de innovación. Ademais, comentarán, de primeira man, o papel das empresas dentro do proxecto e o positivo impacto que pode xerar PROTEINLEG no sector agroalimentario nacional. Como broche final, haberá unha ronda de preguntas onde todos os asistentes poderán plantexar as súas cuestións acerca do proxecto.
Cando: martes, 15 de febreiro, ás 10h.
Onde: webinar online, a través de ZOOM (enviarase enlace os días previos ao webinar).
Duración: 1h30min.
Inscricións: https://forms.gle/7U7Kt28MddwB3hF59
PROTEINLEG é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea en un 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 556.947,36€; subvención total: 552.147,36€.
PROTEINLEG é a entidade responsable do presente contido.