
O equipo de Innovacion e Programas Europeos de FEUGA inicia en xaneiro cinco novos proxectos de innovación con impacto en 15 países de Europa e Estados Unidos. Cun orzamento total que suma máis de 25 millóns de euros, os obxectivos son potenciar a competitividade e sustentabilidade nos sectores da saúde, o emprendemento, a agroalimentación e o ámbito forestal a nivel internacional.
Proxecto HEREDITARY: Transformando a Detección de Enfermidades
HEREDITARY busca cambiar significativamente a forma en que abordamos a detección de enfermidades, preparando respostas ao tratamento e explorando o coñecemento médico. Este proxecto integra datos de saúde multimodales (incluídos datos xenéticos) nun marco robusto, interoperable e seguro. Ao utilizar analíticas federadas avanzadas e fluxos de traballo de aprendizaxe, identificaremos novos factores de risco e respostas ao tratamento, centrándonos en trastornos neurodegenerativos e relacionados co microbioma intestinal.
Cun orzamento de 9,988,833.75 euros, é un proxecto liderado pola Universidade de Padova que involucra a un consorcio de 18 socios repartidos entre Italia, España, Bulgaria, Países Baixos, Dinamarca, Bélxica, Austria, Portugal, Estados Unidos, Alemaña e Suíza. O proxecto está apoiado por fondos procedentes do programa Horizonte Europa, que pretende alcanzar un impacto científico, tecnolóxico, económico e social dos investimentos da Unión Europea, fomentando a competitividade entre os seus membros. O proxecto empezou este 1 de xaneiro de 2024 e, cunha duración de 48 meses, espérase que conclúa o 31 de decembro de 2027.
Proxecto InnovationGUIDE: Impulsando a Innovación Rural
InnovationGUIDE céntrase en fomentar e integrar ecosistemas de innovación en áreas rurais. A través da identificación de necesidades rexionais e a conexión con ecosistemas internacionais, buscamos impulsar o desenvolvemento económico rexional, atraer e reter talento, e crear novas oportunidades de negocio.
O proxecto ten como obxectivo completar en 12 meses un mapeo integral das áreas xeográficas cubertas polos seus socios. Durante este período, deseñaranse follas de roteiro e plans semestrais para abordar as necesidades específicas das comunidades rurais, ofrecendo servizos e actividades personalizados para superar as disparidades cos ecosistemas urbanos. A énfase do proxecto céntrase en promover un crecemento económico sostible e inclusivo en áreas rurais, atendendo aos intereses dos responsables de políticas, investigadores e profesionais. Ao fomentar a colaboración entre as experiencias e ecosistemas dos Países Baixos, España, Malta e Turquía, InnovationGUIDE facilitará a difusión de información e coñecementos desde ecosistemas innovadores máis fortes cara a aqueles con capacidades de innovación moderadas. O proxecto conta con fondos do programa Horizon-EIE-CONNECT e e un orzamento de 496.862,50 euros.
Proxecto SteamDry: Tecnoloxía Innovadora para Secado Eficiente
SteamDry desenvolve e pilota a tecnoloxía de secado por vapor sobrecalentado (SSD) para materiais como o papel e o cartón. Espérase que esta tecnoloxía reduza drasticamente o consumo de enerxía, logrando un aforro do 60% no proceso de secado e representando aproximadamente o 40% de aforro enerxético en toda a liña de produción.
Este enfoque tamén pode conducir á fabricación de papel e cartón sen emisións de CO2. O proxecto SteamDry conta cun orzamento de 9,843,168.48 euros. A iniciativa baséase nun consorcio con sólidas capacidades para levar a cabo a acción. Este consorcio conta con socios procedentes de Finlandia, España, Austria, Alemaña, Países Baixos, Francia, Bélxica e Italia, e está composto por catro institutos de investigación e dúas universidades con experiencia en pilotos, escalado de tecnoloxía, intelixencia artificial e modelado. Tamén participan dous provedores tecnolóxicos líderes e cinco fabricantes de produtos que poderían ser usuarios finais da tecnoloxía desenvolvida. Tamén conta con fondos procedentes do programa Horizonte Europa.
Proxecto FIREPOCTEP+: Fortalecemento contra Incendios Forestais
FIREPOCTEP+ ten como obxectivo fortalecer os sistemas de prevención e extinción de incendios forestais na rexión transfronteiriza entre España e Portugal. Este proxecto, cofinanciado pola Unión Europea, busca mellorar a capacidade de resposta ante grandes incendios forestais, contribuíndo así á protección do medio ambiente.
Liderado pola Universidade de Vigo, FIREPOCTEP+ conta cun orzamento total de 3.322.468,75 euros, co apoio de Interreg POCTEP, un programa que promove o desenvolvemento e a cooperación transfronteiriza entre España e Portugal, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O proxecto ten unha duración de tres anos (01/01/2024-31/12/2026) e un total de 15 beneficiarios de España e Portugal, así como 2 socios sen financiamento.
Proxecto ALERT-PFAS: Detectando e Previndo a Contaminación por PFAS en Espazos Naturais SUDOE
O proxecto ALERT-PFAS aborda a contaminación por PFAS (substancias perfluoroalquiladas e polifluoroalquiladas presentes en escumas contra incendios) en áreas naturais agravadas por incendios recentes e enmarcadas no ámbito de actuación do Programa de Cooperación Territorial do Espazo Suroeste Europeo (SUDOE), que achega fondos ao proxecto. Cun enfoque innovador, busca detectar e previr a presenza destes compostos daniños en tempo real. O proxecto, con participación de 10 beneficiarios e 9 asociados repartidos entre España, Francia e Portugal, aplicará tecnoloxías avanzadas como sensores ópticos, nanotecnoloxía e intelixencia artificial. A solución, transferible a outras rexións, ten como obxectivo protexer o medio ambiente e concienciar á poboación sobre os riscos asociados cos PFAS.
O proxecto conta cun orzamento total de 1.845.945,00€, cunha axuda de 1.384.458,75€ proveniente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Con 36 meses, o proxecto será do 01/01/2024 ao 31/12/2026.
Estamos emocionados pola participación nestes novos proxectos que non só impulsarán a investigación e a innovación, senón que tamén contribuirán ao avance e sustentabilidade en diversos sectores crave, poñendo a Galicia no mapa da innovación.
Necesitas axuda para impulsar a túa idea? Contáctar!