IPMWorks lanza unha biblioteca virtual para a transferencia de coñecementos sobre técnicas IPM

27/01/2023

No contexto actual, cunha necesidade de reducir pesticidas químicos e unha crecente resistencia dos cultivos a estes, o cambio na produción agrícola e os métodos de protección é un gran desafío en Europa. A industria agraria está buscando novas formas de mellorar a protección dos seus cultivos a través de enfoques holísticos para a xestión integrada de plagas (IPM, polas súas siglas en inglés). Avanzando neste camiño, varios proxectos europeos uníronse para lanzar unha nova ferramenta de acceso a recursos dixitais IPM que permitan a expansión e implementación destas técnicas.

A caixa de ferramentas resultante destes esforzos é unha biblioteca interactiva en liña deseñada para agricultores e asesores agrícolas. Os temas e recursos dos que dispoñe inclúen prácticas agronómicas alternativas, sistemas de apoio á toma de decisións, estudos de casos, análisis económicos, guías de capacitación e enlaces a iniciativas pasadas e actuais de IPM.

Desenvolvéronse como parte do proxecto H2020 IPMWorks, unha rede de agricultores financiada polo programa H2020 que pretende promover e demostrar a sostenibilidade e rentabilidade de usar estratexias IPM coma protección dos cultivos. O motor de búsqueda permite aos usuarios descubrir recursos relevantes de IPM de fontes en toda Europa, incluíndo a prataforma IPM Decisions, un proxecto hermanado con IPMWorks que pretende aumentar o impacto dos sistemas de apoio á toma de decisións nas explotacións agrícolas, SmartProtect, outro proxecto H2020 volcado en desenvolver unha rede temática que ofreza tecnoloxía agrícola avanzada e de análisis de datos, e Organic Eprints, un archivo internacional de acceso aberto para artículos e proxectos relacionados coa investigación en alimentación e agricultura ecolóxicas.

FEUGA é un dos socios do proxecto IPMWorks, que dinamiza en Galicia un grupo de viticultores dispostos a avanzar e demostrar a viabilidade técnica e económica dunha agricultora con menos insumos químicos. Con eles, organizou 3 eventos de demostración, un centrado nas enfermidades fúngicas no viñedo; outro no uso de feromonas e morcegos para combatir a avelaíña do acio, e o terceiro, xunto ao proxecto VINIoT titulado A integración das novas tecnoloxías na viticultura.

A ferramenta deseñouse en base aos comentarios de agricultores, asesores e outras partes interesadas de toda Europa, e está dispoñible en varios idioma. Básase nun sistema de xestión de contido de código aberto que se irá ampliando facilmente. Non é unha biblioteca estática, pois a medida que se desenvolvan novos recursos e se agreguen ás bases de datos externas, irán incluíndose na biblioteca, chamada toolbox, facendo que cada vez sexa más completa e abarque máis cultivos, rexións e proxectos. Pódese visitar facendo click aquí.