
Xa están dispoñibles os primeiros materiais de difusión de GREENCASTANEA, un proxecto que busca mellorar a rendibilidade do souto tradicional galego a través da innovación biotecnolóxica.
O souto tradicional galego é un dos bosques máis recoñecibles de Galicia: constitúen ecosistemas autóctonos, potencian a paisaxe tradicional e preveñen incendios. Ademais, a castaña é un dos manxares máis desexados en certas épocas do ano.
GREENCASTANEA é un proxecto piloto que ten como principal obxectivo modernizar o souto tradicional galego mediante a innovación biotecnolóxica. A iniciativa desenvolverá un novidosos sistema, eficiente e sostible, para a produción in vitro de castiñeiros de variedades tradicionais galegas, micorrizados con Boletus edulis.
Así, GREENCASTANEA busca mellorar a rendibilidade do souto tradicional galego apostando pola micofruticultura e a diversificación. Este enfoque, permitirá xestionar unha produción eficiente, flexible e de calidade de castañas e setas, dous produtos de gran valor económico. En definitiva, coidar do autóctono e manter vivo o entorno rural.
GREENCASTANEA é, polo tanto, unha iniciativa de grande interese para o sector forestal e micolóxico galego e nacional. Por este motivo, as actividades de difusión, lideradas por FEUGA, teñen un peso especialmente relevante para a transferencia do coñecemento xerado ao sector. No marco destas actividades, GREENCASTANEA publica o tríptico e a infografía do proxecto, uns materiais que permitirán a axentes da cadea de valora agroalimentaria e público en xeral coñecer a iniciativa.
No caso da infografía, esta recolle, dunha maneira esquemática e visual, o plan de traballo do proxecto. Desta forma, búscase que o lector reciba unha visión global das accións que serán executadas en GREENCASTANEA. Pola súa parte, o tríptico profundiza en maior medida na explicación do proxecto, describindo con maior detalle tanto os obxectivos marcados como os resultados esperados, amén doutros aspectos.
Cabe destacar que ambos materiais están dispoñibles en galego, español e inglés, para maximizar o alcance xeográfico dos mesmos e o impacto das solucións a desenvolver por GREENCASTANEA. Tanto a infografía coma o tríptico, están dispoñibles para a súa descarga na presente noticia.
GREENCASTANEA está financiado pola convocatoria de axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Presuposto total: 187.774,91€; subvención total: 150.000,00€.
A Consellería de Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes e prevención e defensa dos incendios forestais.