Cun orzamento de preto de medio millón de euros, InnovationGUIDE busca fomentar ecosistemas de innovación en España, Turquía, Países Baixos e Malta
InnovationGUIDE, proxecto no que participamos, impulsará as zonas rurais dos países paneuropeos permitiando aos emprendedores, incluidas as empresas emerxentes no sector da Deep Tech e innovación social, aproveitar mellor o mercado único e atraer a novos inversores institucionais para reforzar os mercados financieiros e de capitais a fin de comercializar e ampliar as empresas nos seus países.
O proxecto europeo, financiado polo Consello Europeo de Innovación e a Axencia Executiva para as PEME (EISMEA), arrancou oficialmente cunha reunión de lanzamento na sede de Turkish Exporters Assembly (TIM) en Istambul. Este ambicioso proxecto, no que participan seis entidades de Turquía, Países Baixos, España e Malta, céntrase en identificar as necesidades rexionais e conectar os ecosistemas de innovación rural para fomentar o espírito empresarial e o desenvolvemento económico das rexións.
Cun orzamento total de 496.862,50 euros e unha duración de 12 meses a partir de xaneiro de 2024, InnovationGUIDE estará dirixido a responsables políticos, investigadores e profesionais interesados en promover un crecemento económico sostible e integrador nas zonas rurais.
Ademais da propia FEUGA, o proxecto está integrado pola Turkish Exporters Assembly (TIM), Universiteit Maastricht, Malta College of Arts Science and Technology (MCAST), Social Entrepreneurs Association Malta (SEAM) e StartupCentrum.
SOBRE INNOVATIONGUIDE
O proxecto pretende integrar redes de persoas, organizacións e institucións de zonas rurais que colaboren para impulsar a innovación, o espírito empresarial e o desenvolvemento económico.
Neste sentido, a motivación de InnovationGUIDE ten a súa orixe en situacións e desenvolvementos recentes nos sectores da agricultura, a pesca, o turismo sostible e a bioeconomía nos países membros do consorcio. Por iso, o proxecto busca abordar as barreiras que importantes actores dos sectores relacionados experimentan para acceder á innovación e contribuír ao desenvolvemento rural.
ACTIVIDADES
InnovationGUIDE levará a cabo unha serie de actividades, como a identificación de potenciais interesados, problemas e necesidades comúns das rexións e sectores, análises de gobernanza centrados na innovación, o desenvolvemento de plans de sustentabilidade financeira, directrices de replicación e sustentabilidade, e un plan de acción para acelerar a aplicación da innovación nos ecosistemas rurais rexionais.
O proxecto tamén prevé organizar máis de 8 eventos rexionais, un evento interrexional e establecer unha Asemblea Interrexional de Innovación.
Estes esforzos de colaboración permitirán identificar e desenvolver novas ideas, produtos e servizos que aborden os retos e oportunidades locais. Recoñecendo o papel fundamental da innovación no desenvolvemento rural, InnovationGUIDE embárcase nunha viaxe pioneira para desentrañar o intrincado tapiz da dinámica da innovación rural.
Para máis información:
- Responsable información técnica: Onurcan Misir – onurcanmisir@tim.org.tr
- Contacto comunicación: Agustín Quesada – aquesada@feuga.es