O vindeiro 9 de febreiro de 2023 o proxecto europeo de innovación VINIoT celebrará na sede FEUGA de Santiago de Compostela (Campus Vida) o seu evento final de proxecto, tras 3 anos en activo, cunha feria aberta ao sector. O proxecto, financiado polo programa Interreg SUDOE, está centrado nun servicio de viticultura de precisión basado na rede de sensores IoT para a transformación dixital de PYMES no espazo SUDOE. A principal innovación do servicio é a fusión das dúas principais tecnoloxías que se empregaron sempre de forma independente na monitorización do viñedo: imaxes multiespectrais e sensorización do chan.
Tras a presentación dos resultados obtidos celebraranse dúas mesas redondas centradas na sostenibilidade do servizo VINIoT, unha delas cun enfoque dende o sector vitivinícola que contará con expertos rexionais do sector e unha segunda centrada na visión dende o punto de vista da transferencia liderada polos European Digital Innovation HUBS (EDIHs).
VINIoT HUB Fair
A organización convida aos proxectos e iniciativas relacionadas coa viticultura de precisión a participar de maneira activa no seu evento final. Os interesados poderán promocionarse de maneira gratuita de diferentes maneiras mediante poster, stand, flash talk y/o expoñer diversos materiais divulgativos.