O Grupo Operativo galego Multi-Forest vai organizar o xoves 18 de xullo, ás 10:00h, un Webinar en liña para presentar o proxecto de innovación, cuxo obxectivo principal é promover a multifuncionalidade dos montes a través dunha diversificación e compatibilización dos seus aproveitamentos desde unha valorización integral, innovando na planificación e xestión ao considerar novas oportunidades para a revalorización do rural galego a través dun uso agroforestal resiliente, competitivo, viable e diverso.
O Grupo Operativo galego Multi-Forest, nacido en 2023, pretende contribuír a potenciar e revalorizar os sectores forestal e agro-gandeiro mediante a revitalización de zonas pouco produtivas ao ofrecer alternativas viables e resilientes ante os novos escenarios de cambio climático. Trátase de compatibilizar os diferentes aproveitamentos do monte, tanto os xa existentes (plantacións forestais, gando en extensivo, pasto, colmeas, etc.) como outros novos (cultivo de seta shiitake e froitos do bosque), diversificando deste xeito a súa actividade a través do desenvolvemento de medidas e ferramentas eco-innovadoras.
No marco das actividades de divulgación do proxecto organízase este webinar en liña gratuíto, para dar a coñecer entre os distintos axentes do sector e o público en xeral os obxectivos, actividades en desenvolvemento e avances do proxecto de innovación. Durante a xornada, representantes das catro entidades galegas que integran o proxecto comentarán o papel que están a levar a cabo, así como o impacto positivo que terá nos sectores forestal e agro-gandeiro.
Deste xeito, o Webinar comezará cunha presentación do proxecto a cargo da entidade coordinadora deste, a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), e continuará coa participación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña (CMVMC Baroña), a Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal (PEFC Galicia) e a Universidade de Vigo (UVigo) a través do Grupo de Investigación de Geomodelización Hidroforestal (Hidro-Forest), da Escola de Enxeñaría Agroforestal.
Cando: xoves, 18 de xullo, ás 10:00h.
Onde: en liña, vía Zoom
Duración: 10:00h – 11:30h
Inscricións: https://forms.office.com/e/bRin6s2HTr
Podes descargar o programa do webinar aquí
Multi-Forest está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 80% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
Orzamento total BIO_MARTERRA: 179.980,81 € (100% subvencionado)