Acollemos a cuarta reunión do consorcio do proxecto TransformAr

05/05/2023

Os próximos días 10, 11 e 12 de maio, terá lugar unha nova reunión de consorcio de Transformar, proxecto no que participamos, ‘Impulsando a adaptación transformadora en Europa: solucións innovadoras vinculadas á auga’, unha acción de innovación financiada a través do programa Horizonte 2020 da Unión Europea.

Galicia é un dos seis demostradores que integran Transformar, un consorcio de 22 socios procedentes de 11 países. Todos comparten ecosistemas baseados na auga, e todos se enfrontan á ameaza do cambio climático.

Á súa vez, Galicia será pioneira en probar solucións para os sectores do cultivo de mexillón e do marisqueo a pé, a través dun caso de estudo coordinado por CETMAR coa participación da Universidade de Vigo (UVigo), así como de expertos do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A nivel proxecto tamén está involucrado o Grupo de Comportamento Social e Psicometría Aplicada (COSOYPA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A reunión de tres días, inclúe traballo sobre o terreo, con visitas ás zonas de marisqueo e as bateas na Ría de Arousa.

Organizado conxuntamente co Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), coordinamos o grupo de traballo para a creación dos ecosistemas de innovación nos demostradores, ademais de encargarse da explotación de resultados do proxecto.

Consulta o programa do evento aquí