REDE CIGUS

A Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Rede CIGUS) é unha superestrutura promovida pola Xunta de Galicia e orientada ao fortalecemento da investigación de excelencia. Está integrada por centros que contan co selo identificativo CIGUS que avala a calidade e impacto das súa investigación. Este selo busca proxectar estes centros como referentes no ámbito científico e fortalecer o sistema de investigación universitario galego para atraer e reter o mellor talento investigador e ganar competitividade no ámbito estatal e europeo.

En 2021, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade encargoulle á FEUGA a xestión desta rede co obxectivo de dotala de contido mediante a planificación das súas actividades e servizos e a execución e coordinación destes.

Grazas aos excelentes resultados acadados durante o período 2021-2023, en 2024 asinouse un novo convenio que permite a FEUGA continuar xestionando a Oficina Técnica da Rede CIGUS.

A actividade da Rede planifícase de forma anual e inclúe accións variadas, que abarcan desde o desenvolvemento de actividades formativas, a creación de grupos de traballo, a presentación de solicitudes conxuntas a convocatorias europeas (por exemplo, MSCA-COFUND), a promoción  da igualdade, o desenvolvemento de eventos e actividades de networking ou a organización de visitas a outros sistemas de investigación, ata a redefinición do proceso de avaliación dos centros CIGUS.

Tarefas principais da FEUGA:

  • Deseñar o plan de actividades anuais da Rede CIGUS.
  • Coordinar e dirixir as actividades desenvolvidas no seo da Rede.
  • Definir boas prácticas e establecer marcos e guías de actuación comúns para os centros pertencentes á Rede.

PERÍODO

2024-2026


FINANCIACIÓN

Xunta de Galicia


ÁREA

Investigación


WEB

https://cigus.gal/gl/


Otros casos de éxito

Contacte connosco