GESCI

Proxecto formativo de alto nivel e pioneiro en España desenvolvido co apoio institucional  da Xunta de Galicia. Esta iniciativa foi deseñada especificamente para o colectivo investigador, co obxectivo de impulsar a competitividade, a excelencia e a mellora continua nos centros de investigación  da Comunidade Autónoma de Galicia.

O proxecto desdóbrase en dúas accións formativas:

  • GESCI, dirixida a perfís de dirección, busca fomentar o liderado dos centros de investigación da comunidade sobre unha base de eficiencia, responsabilidade e excelencia científica, así como consolidar a planificación estratéxica e a cultura  da avaliación periódica científica e institucional como mecanismos de mellora continua.

 

  • GOSCI, dirixida a perfís técnicos de soporte á investigación, pretende contribuír a optimizar o funcionamento económico e organizativo dos centros e apoiar a xestión do cambio necesaria para dar un salto de calidade significativo no sistema.

Ademais, estas accións compleméntanse cun servizo de asesoramento experto por centro, orientado a acelerar os seus procesos de cambio individuais.

No período de execución do proxecto, realizáronse 3 edicións de ambos os programas, nas que se formaron 145 persoas, a través  da impartición de 653 horas de formación, e se obtivo unha valoración media de 8,75.

Principais actividades desenvolvidas:

  • Deseño do proxecto formativo e do programa de contidos.
  • Execución dos programas formativos: selección de docentes, captación do alumnado, elaboración de materiais, xestión organizativa das sesións etc.
  • Xestión de actividades complementarias á formación: elaboración de guías metodolóxicas e organización e coordinación do asesoramento experto posformación.
  • Avaliación do impacto da formación no ámbito dos participantes e das súas institucións de pertenza.

FINANCIACIÓN

Xunta de Galicia


ÁREA

Formación


WEB

https://gesci.es/


Otros casos de éxito

Contacte connosco