Proxectos nacionais

Gesviña

GESVIÑA é un grupo operativo supraautonómico que ten como obxectivo unha viticultura sustentable do viñedo atlántico mediante a redución de fitosanitarios, a formación do sector en calibración de equipos de aplicación, e a utilización de cubertas vexetais para contrarrestar a erosión e mellorar a actividade biolóxica e fertilidade do chan, diminuíndo ou eliminando os herbicidas.

A creación dos Grupos Operativos supraautonómicos é unha das ferramentas crave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sustentable para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores, gandeiros, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

Esta actuación está financiada no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER), sendo a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e política Forestal a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda do FEADER e nacional correspondente.

FINANCIACIÓN

Cofinanciamento UE: 80% Feader


ORZAMENTO

57.922,21 euros


SOCIOS

Bodega Paco&Lola-Sociedad Cooperativa Vitivinícola Arousana (coordinador)
Instituto Gallego de Calidad Alimentaria (INGACAL – EVEGA)
NEIKER Instituto Vasco de Investigación y Desarrollo Agrario SA
Servicio Regional de Investigación y Desarrollo Agroalimentario del Principado de Asturias (SERIDA)
Asociación Vino de Calidad de Cangas (Denominación de origen Cangas)
Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA)


Casos de éxito