Incremento da produtividade micolóxica dos bosques de piñeiros galegos
Galicia conta cun elevado potencial de produción micolóxica nos seus pinares que está a ser mal aproveitado pola falta de coidados silvícolas para compatibilizar a produción madeireira e a micolóxica. Unha elección correcta do turno de corta, a aplicación de desbroces e unha xestión da densidade dos rodales que asegure a vitalidade individual de cada árbore son os mecanismos máis indicados para a mellora da produtividade tanto en cantidade como en calidade dos carpóforos. Estas prácticas de xestión deben quedar implementadas nos instrumentos de ordenación e xestión e implementadas axeitadamente polas comunidades propietarias.
O grupo operativo COGOMELOS+ ten como obxectivo o incremento da produtividade micolóxica de sistemas forestais de piñeiro radiata, incluíndo nova maquinaria de desbroce e avaliando economicamente a alternativa de prolongación de turnos e intensificación do aproveitamento micolóxico, establecendo un modelo demostrativo de xestión micosilvícola. Aportará ademais directrices de ordenación forestal considerando a produtividade micolóxica.
COGOMELOS+ está financiado polas axudas para a execución de grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Orzamento total 179.996,95€ (100% subvencionado).
A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
FINANCIACIÓN
179.996,95€ - 75% FEADER
ORZAMENTO
179.996,95€
SOCIOS
Fundación Empresa – Universidad Gallega (FEUGA)
Servitec Medioambiente (entidad representante)
Universidade de Santiago de Compostela (grupo Unidad de Gestión Forestal Sostenible)