Proxectos europeos

Smarter together

O traballo xeral de SMARTER TOGETHER céntrase en atopar o equilibrio adecuado entre tecnoloxías intelixentes e dimensións organizativas e de gobernanza, co fin de ofrecer solucións intelixentes e inclusivas para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. SMARTER TOGETHER promove a colaboración e o fluxo de coñecemento entre cidades ´faro´ (Lyon, Múnic e Viena) altamente integradas no desenvolvemento do proxecto, con cidades que manteñen un rol de ´seguidor´ no mesmo (Santiago de Compostela, Sofía e Venecia). Neste proxecto tamén se inclúen as cidades de Kiev e Yokohama, como cidades ´observadoras´, outorgando ao proxecto unha perspectiva máis plural, desde Europa do Leste e Asia.

FINANCIACIÓN

H2020


ORZAMENTO

29.119.448,36 €


TEMA

ICT, Smart Cities


SOCIOS

30 socios de Francia, Alemaña, Austria, Bélxica, Suiza, España, Bulgaria e Italia


WEB

http://smarter-together.eu/


Casos de éxito