O obxectivo é promover e apoiar a eco-intensificación dos sistemas de produción acuícola no interior (incluída a auga doce), nas zonas costeiras e no mar.
IMPAQT ten como obxectivo desenvolver e validar in situ unha plataforma de xestión polivalente, multisensorial e multifuncional para a produción acuícola sustentable e multifuncional integrada.
A ambición de alto nivel é impulsar un cambio de paradigma na industria europea e a súa aceptación do IMTA como enfoque viable, achandando o camiño cara a unha industria europea máis respectuosa co medio ambiente e máis eficiente e de maior rendemento.
Principais tarefas de FEUGA:
- Líder do WP.6 – Communication, dissemination & exploitation.
- Elaboración do plan de comunicación e difusión.
- Implentación e seguimento de estratexias e campañas de comunicación online e offline.
- Definición das actividades de comunicación e difusión; elaboración de materiais de comunicación e difusión de resultados (sitio web, folleto, póster, roll-up…).
- Xestión integral das redes sociais.
- Elaboración do plan de explotación.
FINANCIACIÓN
H2020
ORZAMENTO
5.883.180 €
TEMA
Acuicultura, Internet of Things, Blue Growth
SOCIOS
21 socios de Irlanda, Grecia, Luxemburgo, Holanda, Turquía, Francia, Portugal, Reino Unido, Polonia, España, Italia e China
WEB