O proxecto FIREPOCTEP enmárcase dentro do obxectivo de promover a adaptación ao cambio climático en todos os sectores, respondendo á prioridade de fomentar do investimento para abordar a xestión de riscos específicos asociados a catástrofes.
Este proxecto está pensado para facer fronte a eses retos, favorecendo o desenvolvemento entre as rexións veciñas fronteirizas de España e Portugal, permitindo o fortalecemento dos sistemas de prevención e extinción de incendios forestais en ambos os países e a mellora dos recursos para a xeración de emprego rural tras a crise sanitaria do Covid-19.
Principais tarefas de FEUGA:
- Labores de sensibilización e comunicación: realización de campañas de sensibilización e talleres de formación en Galicia.
- Difusión do proxecto: organización de eventos e webinarios.
FINANCIACIÓN
Interreg Poctep
ORZAMENTO
5.000.000€
TEMA
Sector forestal
SOCIOS
21 socios de España e Portugal
WEB