Proxectos europeos

EDIH DATAlife

DATAlife é un Hub de innovación dixital que se deseñou considerando os futuros retos e fortalezas de Galicia. É unha rexión rica en recursos naturais coa oportunidade de xestionalos dunha forma intelixente, sostible e saudable, con abundancia de áreas rurais necesitadas de modelos de negocio que lles acheguen valor e cunha das esperanzas de vida máis longas do mundo, co deber de garantir a calidade de vida para a súa poboación envellecida. O proxecto dará resposta a estas necesidades acelerando a transformación dixital en PEMES galegas dos sectores primario, biotecnolóxico e saúde. Conseguirase aumentando a presenza no ecosistema de tecnoloxías disruptivas como Intelixencia Artificial (AI), Análise de datos, Internet das Cousas (IoT), Computación de Altas Prestacións (HPC) e Ciberseguridade. Co obxectivo de crear unha economía xusta, verde e saudable, centrada nas persoas, a contorna no que viven e o seu benestar. Tamén estará aberto a que se poidan beneficiar dos seus avances a administración pública e as midcaps. 

 Espérase aumentar a produtividade do sector primario, crucial para fixar á poboación de áreas rurais, alcanzar reducións de custo a través de servizos personalizados e procesos optimizados no sector saúde e manter o crecemento do sector biotecnolóxico, que xa se consolidou como un sector crave na rexión. Desta forma, transformar Galicia nunha biorregión de referencia en Europa. 

 Este proxecto recibiu financiamento do programa Digital Europe baixo o Grant Agreement No 101083755.  

 Principais tarefas de FEUGA: 

  • Líderes do paquete de traballo de formación, que pretende aumentar as habilidades dixitais dos profesionais dos sectores estratéxicos mencionados, ampliando o seu coñecemento en tecnoloxías disruptivas e as posibilidades que ofrecen.
  • Apoio en tarefas de xestión, comunicación, networking europeo, relación con outros EDIHs, transferencia tecnolóxica e de coñecemento, desenvolvemento de negocio e acceso a financiamento.

FINANCIACIÓN

Digital Europe Programme.


ORZAMENTO

5.494.235,99€


TEMA

tecnoloxías disruptivas, sector primario, ciencias da saúde, biotecnoloxía, bioeconomía e economía circular.


SOCIOS

EDIH DATAlife reúne a 15 socios do ecosistema de innovación galego: con institucións científicas, centros tecnolóxicos, agrupacións industriais sectoriais, unha gran empresa de telecomunicacións e FEUGA.


Casos de éxito