O proxecto piloto BIOPROINSECT, que conta cunha subvención de case 150.000 € (cofinanciada ao 75% por fondos FEADER), desenvolverá un innovador sistema que, a través dun tratamento enzimático con proteasas, permitirá separar a quitina do resto dos compoñentes do insecto. Desta maneira, obteranse, dunha forma eficiente e sostible, proteínas de alta calidade, ácidos graxos poliinsaturados e quitina, tres produtos cun alto valor económico.
Liderado pola empresa galega Galinsect, BIOPROINSECT conta tamén ca participación de FEUGA e a Universidade de Vigo, a través do Grupo BiotecnIA.
Nos últimos anos, incrementouse a demanda de alimentos de alto valor nutritivo. No caso concreto dos ingredientes proteicos, esperase que o mercado mundial, que actualmente ronda os 40.000 millóns de dólares, creza cunha taxa do 9,7% ate 2027. Isto provocou que o sector dirixa o seu punto de mira cara a novas fontes de proteínas que permitan satisfacer a demanda. En concreto, os insectos.
En xaneiro de 2021, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) publicou a súa primeira avaliación completa dun insecto como alimento para humanos, concluíndo que a larva da verme da fariña (Tenebrio molitor) non supón problemas de seguridade. Cinco meses despois, mediante a Regulamento (UE) 2021/882, a Comisión Europea autorizou a comercialización de larvas de T. molitor desecadas como novo alimento.
Sen embargo, a proteína presente nestes insectos está unida a un compoñente estrutural, a quitina, que é considerada un anti-nutriente, debido a que provoca unha redución na dixestibilidade da proteína do insecto, limitando o seu potencial.
O obxectivo de BIOPROINSECT é extraer a quitina do resto dos compoñentes mediante un proceso natural e respectuoso co medio ambiente. Desenvolverase un innovador proceso enzimático que permita fraccionar os insectos en proteínas de alta calidade, ácidos graxos e derivados da quitina. As proteínas obtidas, grazas á extracción da quitina, serán de alta dixestibilidade e de alto valor, facéndoas idóneas para cubrir necesidades nutricionais. Por outra banda, os derivados da quitina extraídos serán transformados en compostos con actividades prebióticas, antimicrobianas e antioxidantes, para ser engadidos como suplemento nutricional e conservante en dietas para animais.
Este proceso, comparable a unha biorrefinería, está, ademais, fortemente comprometido coa economía circular, xa que os subprodutos xerados na cría dos insectos serán reutilizados para a produción das enzimas necesarias. Asimesmo, non se xerará ningún tipo de residuo nin se causarán danos ao medio ambiente.
BIOPROINSECT busca modernizar e diversificar o sector primario mediante o emprego da biotecnoloxía para o bioprocesamento dos insectos, en concordancia ca RIS3 (Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia). Deste modo, a través da innovación se reforzará a posición da industria agroalimentaria galega como produtora de alimentos funcionais á vez que, co coñecemento xerado, se promove a diversificación do medio rural.
O proxecto está financiado pola convocatoria de axudas para o apoio dos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
BIOPROINSECT está financiado pola convocatoria de axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes e prevención e defensa dos incendios forestais.
PRESUPUESTO181.468,56 € FINANCIACIÓN145.174,85 € – Cofinanciación UE: 75% FEADER