Biomasa-AP. Curso presencial Biomasa-AP

10/04/2019

O proxecto Biomasa-AP organizará tres cursos complementarios o 3, 10 e 17 de Xuño cos que che prepararás para saber analizar os diferentes aspectos que converten á biomasa nunha tecnoloxía do futuro, desde as normativas vixentes a nivel Europeo, estatal e autonómico, pasando polos aspectos económicos e técnicos desta fonte de enerxía ata os factores ambientais a ter en conta á hora de instalar unha planta de biomasa.

Se traballas no sector da calefacción, es un profesional técnico ou simplemente estás interesado/a en especializarche en novas fontes de enerxía renovable como é a biomasa, apunta esta data na túa axenda! Este curso é gratuíto e de entrada libre.