Asinamos un acordo coa Xunta para a xestión da cotización das prácticas de Formación Profesional

26/01/2024

O noso director xeral, Francisco Javier Pereiro, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asinaron un acordo de colaboración para a posta en marcha do novo sistema de xestión da cotización das prácticas de Formación Profesional e ensinos de réxime especial.

A través deste convenio, ocuparémonos da xestión da cotización na Seguridade Social do alumnado dos devanditos ensinos que realice prácticas formativas en empresas. Para iso, o noso departamento de Bolsas, que conta cunha dilata experiencia neste ámbito de traballo, poñerá ao dispor da Xunta a plataforma da que dispón para o envío e recepción da documentación necesaria no procedemento.

Pola súa banda, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades tramitará un encargo de xestión a favor de FEUGA, estimada en 1M€, e fornecerá a documentación necesaria do alumnado.