
O proxecto europeo H2020 NOVATERRA no que participamos, celebrará unha xornada híbrida o vindeiro xoves 26 de outubro ás 10h. A xornada consistirá en presentar o proxecto de investigación, avances e primeiros resultados ata o momento, onde representantes das entidades participantes darán contexto dos traballos que están a realizar para cumprir cos obxectivos propostos.
No marco das actividades de divulgación do proxecto, organízase esta xornada para dar a coñecer, entre os distintos axentes do sector e o público en xeral, os obxectivos e actividades en desenvolvemento no proxecto de investigación.
A xornada que organizamos contará coa participación de representantes das diversas entidades que integran o proxecto, IRTA, CREDA, Universidade de Burgos, PTV, Terras Gauda e UPC.
- Cando: xoves, 26 de outubro, ás 10:00h.
- Onde: Híbrido
- Duración: 10:00h – 14:00 h.
- Consulta o programa aquí
- Inscríbeche aquí
NOVATERRA persegue a redución do impacto negativo dos pesticidas para a xestión integrada de pragas en oliveirais e viñedos. Coordinado por IRTA conta con consorcio de 23 entidades de 6 países: Grecia, Italia, España, Portugal e Bélxica. Iniciado en outubro de 2020, o proxecto que ten unha duración de 4 anos recibiu un cofinanciamento do programa H2020 con preto de 5 millóns de euros.