FIREPOCTEP+: A loita contra os grandes incendios en A Raia, proxecto de importancia estratéxica para España e Portugal.

04/03/2024

O proxecto FIREPOCTEP+, no que participamos, foi designado con esta distinción polo programa Interreg España – Portugal (POCTEP). Este recoñecemento destaca a contribución clave do proxecto para acadar os obxectivos do programa POCTEP e as prioridades da Comisión Europea. A Comisión Europea pretende capitalizar a visibilidade das operacións de importancia estratéxica en campañas de comunicación co fin de dar relevancia ás operacións clave e emblemáticas, e sentar as bases para contar a historia do programa e a contribución da política de cohesión europea.

FIREPOCTEP+ ten como obxectivo reforzar os sistemas de prevención e extinción de lumes forestais na rexión transfronteiriza entre España e Portugal coñecida como A Raia. Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg VI-A España-Portugal 2021-2027 POCTEP).

FIREPOCTEP+ conta con 15 beneficiarios altamente competentes e expertos no campo da xestión forestal que abarcan todo o territorio transfronteirizo entre España e Portugal. Concretamente, FIREPOCPTEP+ está integrado por un total de 7 administracións públicas, 5 polos universitarios, 2 fundacións de carácter privado orientadas á promoción da innovación sostible e un centro tecnolóxico de vangarda. Ademais, conta co apoio de 2 socios sen financiamento como a Xunta de Galicia e a Xunta de Andalucía.

Queres coñecer máis detalles sobre este proxecto? Lee máis sobre FIREPOCTEP+ aquí.