Modelización da eficacia dos tratamentos contra mildiu de vide por reconto de esporas no ambiente para minimizar residuos en viño
O mildiu é unha das enfermidades máis temidas ás que se enfronta o viticultor, xa que pode atacar os órganos verdes da planta e perder parte importante da produción de uva. Afecta as follas, os brotes novos, os pedúnculos e os acios. Unha situación de extrema gravidade en Galicia polo seu clima húmido.
O tratamento convencional adoita conlevar un uso excesivo de fitosanitarios, o que implica un incremento dos custos de produción, a aparición de resistencias das pragas e un importante dano ao medio ambiente. O obxectivo de PLASMOWINE é o desenvolvemento dun sistema de apoio á toma de decisións que determine o momento óptimo para a aplicación dos tratamentos contra o mildiu da vide.
A optimización do control químico implica tamén a redución dos custos de explotación, do risco de resistencia polo patógeno e da pegada de carbono, así como unha maior protección do medio ambiente e da saúde humana, xunto cun aumento da calidade do viño.
O sistema proposto por PLASMOWINE indicará o momento de aplicación do primeiro tratamento e cando deberá renovarse, considerando o risco de enfermidade ademais da eficacia e duración real da protección para os fungicidas empregados habitualmente contra o mildiu.
Consulta o folleto do proxecto en: castelán e inglés
PLASMOWINE está financiado polas axudas para a execución de grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Orzamento total 179.999,95€ (100% subvencionado).
A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
FINANCIACIÓN
179.999,99€ - 75% FEADER
ORZAMENTO
179.999,99€
SOCIOS
Fundación Empresa – Universidad Gallega (FEUGA)
Monet Tecnología e Innovación (entidad representante)
Viña Costeira
Universidade de Vigo (Grupo de Planta, Suelo y Aprovechamiento de subproductos)
Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra)