Proxectos europeos

SteamDry

SteamDry desenvolve e proba tecnoloxía de secado con vapor sobrecalentado (SSD) deseñada para aplicacións en materiais con formato de láminas, tales como papel, cartón, tecidos e non tecidos. Espérase que o SSD reduza drasticamente o consumo de enerxía, logrando un aforro do 60% no proceso de secado, o que representa aproximadamente un 40% de aforro de enerxía en toda a liña de produción. Grazas ao concepto que o proxecto pon a proba poderíase alcanzar a fabricación de papel e cartón libre de emisións de CO2, así como a un aumento na proporción de enerxía proveniente de fontes renovables.

Este consorcio conta con socios procedentes de Finlandia, España, Austria, Alemaña, Países Baixos, Francia, Bélxica e Italia, e está composto por catro institutos de investigación e dúas universidades con experiencia en pilotos, escalado de tecnoloxía, intelixencia artificial e modelado. Tamén participan dous provedores tecnolóxicos líderes e cinco fabricantes de produtos que poderían ser usuarios finais da tecnoloxía desenvolvida.

 

Listaxe completa de participantes: TEKNOLOGIAN TUTKIMUSKESKUS VTT OY (FI), AIT AUSTRIAN INSTITUTE OF TECHNOLOGY GMBH (AT), VDEH-BETRIEBSFORSCHUNGSINSTITUT GMBH (DE), STICHTING WAGENINGEN RESEARCH (NL), VALMET TECHNOLOGIES OY (FI), METSA SPRING OY (FI), METSALIITTO OSUUSKUNTA (FI), METSä BOARD CORPORATION (FI), AHLSTROM SPECIALTIES (FR), AHLSTROM OYJ (FI), SAPPI LANAKEN (BE), SOFIDEL SPA (IT), PILLER BLOWERS & COMPRESSORS GMBH (DE), FUNDACION EMPRESA UNIVERSIDADE GALEGA (ES), UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (ES), SMURFIT KAPPA PAPER SERVICES BV (NL), UNIVERSITEIT TWENTE (NL).

FINANCIACIÓN

Horizonte Europa


ORZAMENTO

9.843.168,48€


TEMA

Industrias Limpas e Baixas en Carbono


SOCIOS

SteamDry reúne a 17 socios procedentes de 8 países europeos: Finlandia, España, Austria, Alemaña, Países Baixos, Francia, Bélxica e Italia


Casos de éxito