Acollemos a xornada de avances e resultados do proxecto NOVATERRA

16/10/2023

O proxecto europeo H2020 NOVATERRA no que participamos, celebrará unha xornada híbrida o vindeiro xoves 26 de outubro ás 10h. A xornada consistirá en presentar o proxecto de investigación, avances e primeiros resultados ata o momento, onde representantes das entidades participantes darán contexto dos traballos que están a realizar para cumprir cos obxectivos propostos. 

No marco das actividades de divulgación do proxecto, organízase esta xornada para dar a coñecer, entre os distintos axentes do sector e o público en xeral, os obxectivos e actividades en desenvolvemento no proxecto de investigación. 

A xornada que organizamos contará coa participación de representantes das diversas entidades que integran o proxecto, IRTA, CREDA, Universidade de Burgos, PTV, Terras Gauda e UPC

  • Cando: xoves, 26 de outubro, ás 10:00h. 
  • Onde: Híbrido  
  • Duración: 10:00h – 14:00 h. 
  • Consulta o programa aquí
  • Inscríbeche aquí

NOVATERRA persegue a redución do impacto negativo dos pesticidas para a xestión integrada de pragas en oliveirais e viñedos. Coordinado por IRTA conta con consorcio de 23 entidades de 6 países: Grecia, Italia, España, Portugal e Bélxica. Iniciado en outubro de 2020, o proxecto que ten unha duración de 4 anos recibiu un cofinanciamento do programa H2020 con preto de 5 millóns de euros.