
O Grupo Operativo galego Millopreciso organiza o martes 24 de outubro, ás 10:00h, un webinar en liña para presentar o proxecto de innovación. Na xornada, representantes das entidades que integran devandito proxecto expoñerán os traballos que están a realizar para lograr os obxectivos e resultados esperados de Millopreciso.
O Grupo Operativo galego Millopreciso nace en 2022 e busca o desenvolvemento da agricultura de precisión en Galicia no cultivo de millo forraxeiro. Esta técnica permitirá unha xestión máis eficiente dos recursos agrícolas mediante a análise de datos recolleitos durante todo o ciclo produtivo do cultivo, o que derivará nun incremento da produtividade do millo forraxeiro.
No marco das actividades de divulgación do proxecto, organízase este webinar en liña gratuíto para dar a coñecer, entre os distintos axentes do sector e o público en xeral, os obxectivos, actividades en desenvolvemento e avances do proxecto de innovación. Ademais, cada unha das entidades participantes no Grupo Operativo galego Millopreciso, entre as que se atopa a nosa sede, comentaremos o papel que levamos a cabo no proxecto, así como o impacto positivo que este terá nos sectores agrícola e gandeiro.
O webinar contará cos relatorios de representantes das catro entidades galegas que integran o proxecto, no que participamos xunto a Marcos Otero S.L., a Gandería Francisco López Pena e o grupo de investigación de Modelización, Enerxía e Mecanización de Biosistemas da Universidade de Santiago de Compostela.
- Cando: martes, 24 de outubro, ás 10:00h.
- Onde: en liña, vía Zoom
- Duración: 10:00h – 12:00h.
- Consulta o programa aquí
- Inscríbeche aquí
Millopreciso está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5% e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
Orzamento total Millopreciso: 180.000,00€ (100% subvencionado)
