
IPMWORKS únese ao proxecto VINIoT e á Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) para aprender dos seús métodos e compartir entre todos as últimas técnicas e tecnoloxías coas que tratar os viñedos aumentando o seu rendemento e sostenibilidade. Será o 27 de xulio no Monasterio de San Clodio (Leiro, Ourense). O evento divídese en dous: unha xornada técnica organizada por EVEGA baixo o título Novas aportacións ao desenvolvemento da viticultura galega, e un workshop do que é responsable VINIoT chamado A integración das novas tecnoloxías na viticultura.
EVEGA desenvolve investigacións en colaboración con distintas bodegas e empresas do sector vitivinícola. Céntranse especialmente en catro exes: a sanidade do viñedo, o potencial galego, a fertilización do chan e as aplicacións das novas tecnoloxías, todo orientado a incrementar a sostenibilidade dos viñedos. O obxectivo da súa xornada consiste en dar visibilidade aos resultados destas investigacións para que poidan ser de utilidade no sector.
Pola súa parte, o Proxecto VINIoT, no que participa FEUGA, ofrece un novedoso servizo que permite ás empresas do sector vitivinícola a monitorización das súas plantacións en tempo real, a distancia e con diferentes niveis de precisión (uva, pranta, parcela e viñedo). VINIoT permite a monitorización dos parámetros relevantes en viticultura como o estado hídrico, o estado de maduración da uva ou a existencia de pragas (estado fitosanitario), proporcionando un sistema de alertas que mantén informados aos técnicos das bodegas da aparición de incidencias, permitindo realizar unha corrección temperá das mesmas. No seu workshop, expoñeranse os avances do proxecto e o seu HUB, buscando dar a coñecer solucións basadas en TIC aplicables ao sector vitivinícola.
Un programa cheo de innovación no sector vitivinícola
O programa, que podes consultar compreto aquí, comeza ás 08:30 coa recepción dos asistentes, para pasar a tratar o tema da fertilización nos viñedos ás 09:00, a cargo do grupo operativo FERVIÑA, densevolto en colaboración coas bodegas Cooperativa Vitivinícola Arousana e Viña Costeira. Durará unha hora e, na seguinte hora, poñerase o foco sobre a auga ozonizada e o control de enfermidades, gracias ás ponencias do proxecto piloto VITIOZÓN, que enfócase na sanidade do viñedo investigando con auga ozonizada e a súa aplicación para o control de patóxenos causantes de enfermidades endémicas. Colaboran neste as bodegas Martín Códax.
A continuación, a partires das 11:00 comezará o Workshop organizado por VINIoT, titulado A integración das novas tecnoloxías na viticultura e que contará cunha visita á Demofarm de VINIoT. Presentarase o proxecto VINIoT e o HUB de FEUGA no proxecto. Despois falarase do desenvolvemento de sensores para a toma de decisións no viñedo e de IPMWORKS, unha rede europea de agricultores para promover a xestión integrada de plagas, na que FEUGA participa. Ás 12:40 producirase o desprazamento á demofarm e visitarase alí a finca experimental de VINIoT, na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia – EVEGA – Agacal. A xornada rematará co peche do evento e unha comida networking no Hotel Monasterio San Clodio ás 15:00.
O evento estará dirixido a todo tipo de perfís relacionados co sector vitivinícola.