Se a túa empresa ten máis de 50 traballadores, isto interésate!
O Plan de Igualdade nas empresas de máis de 50 persoas é obligatorio desde marzo do 2022. Tamén é imperativo para as empresas que pertencen á Administración Pública, cuxo capital único ou maioritario é público e para aquelas outras que foron sancionadas pola Inspección de Traballo, especialmente tras unha denuncia por acoso sexual ou por razón de sexo.
O Real Decreto-ley 6/2019, do 1 de marzo, referente a medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres y homes no emprego e a ocupación recolle os principais fitos e prazos asociados a esta nova obrigación, e indica que a gran parte das accións que forman parte do Plan de Igualdade, incluida a formación, deberán de realizarse antes do 2024.
Desde FEUGA poñemos é túa disposición a posibilidade de desenvolver á túa medida as accións en materia de igualdade que necesites, podendo seleccionar e combinar os módulos que mellor se adapten as túas necesidades:
- Sensibilización básica en igualdade de xénero (3h)
- Os procesos de selección desde unha perspectiva de xénero. Eliminación de sesgos inconscientes (4h)
- Prevención frente ao acoso sexual e acoso por razón de sexo (2h)
- Funcións e responsabilidades da comisión de igualdade e/ou de seguimento (10h)
- Estratexias empresariais en materia de conciliación (3h)
- Xestión transversal da diversidade (4h)
- Guía práctica para acadar unha comunicación inclusiva (3h)
- Concepto e consecuencias da violencia de xénero (2h)
- O plan de igualdade: poderosa ferramenta de xestión do talento (12h)
¡Contáctanos! Esta formación ademiás de dar resposta á obligación legal mencionada, poderá contribuir a potenciar e reter talento na túa organización, a optimizar a súa imaxe corporativa e a mellorar o clima laboral, incrementando a productividade.
Ademáis, se todo o anterior non te convenceu aínda, o Plan de igualdade, así como o desenvolvemento das medidas que contén, constitúe unha gran vantaxe na adxudicación de contratos das administracións públicas. Este é o motivo polo que moitas pymes xa se puxeron mans á obra.
Non o aplaces máis e fórmate con nos. ¡Estamos esperándote!