FEUGA participa no proxecto FIREPOCTEP, centrado en previr os incendios forestais na Raia

25/06/2021

O fortalecemento dos sistemas transfronteirizos de prevención e extinción de incendios forestais e a mellora dos recursos para a xeración de emprego rural post Covid-19, son os principais obxectivos do proxecto FIREPOCTEP, no que FEUGA participa.

Centrado na cooperación transfronteiriza entre España e Portugal para facer fronte aos incendios na Raia, FIREPOCTEP pon o foco nas medidas de prevención para evitar catástrofes ambientais como as que tiveron lugar en anos anteriores na zona. A xestión dos incendios na paisaxe exposta a grandes lumes forestais (GIF), nas áreas rurais transfronteirizas, será unha dos principais obxectos de estudo, identificando as Zonas Estratéxicas de Xestión (ZEG), fundamentais para a prevención e a extinción.

O proxecto de índole plurirregional, aposta por actividades de formación e concienciación, así como por un crecemento sostible e mellora da xestión dos recursos naturais, buscando solucións innovadoras que activen Emprego Verde no sector da xestión de riscos na zona.

FEUGA desenvolverá actividades de formación e impulso de accelerathones dentro do proxecto  Firepoctep, así como actividades de capitalización de resultados e tarefas de comunicación. Así mesmo, Feuga terá un rol importante na procura de vías para a sustentabilidade do proxecto e o reforzo do networking a través de participación en eventos rexionais, nacionais e europeos.

O proxecto xa se presentou no evento da EU Green Week baixo o título “Unha sociedade sen contaminación: cidadáns e industria apostando pola economía circular” nunha sesión titulada “Grandes incendios forestais do século XXI: Factores ambientais, económicos e sociais. Como previlos?”. Xa está dispoñible o vídeo na nosa canle de Youtube: