SALUVINO é un grupo operativo supraautonómico que ten como obxectivo a produción de viños de calidade e que cumpran as esixencias do mercado demandante de produtos saudables, limitando a presenza de aditivos químicos. Neste proxecto exponse a extracción de compostos fenólicos con propiedades antioxidantes e antimicrobianas como sustitutivos ou complementarios do anhídrido sulfuroso.
A creación dos Grupos Operativos supraautonómicos é unha das ferramentas crave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sustentable para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores, gandeiros, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.
Esta actuación está financiada no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER), sendo a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e política Forestal a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda do FEADER e nacional correspondente.
FINANCIACIÓN
Cofinanciamento UE: 80% Feader
ORZAMENTO
49.342,41 euros
SOCIOS
Bodega Matarromera S.L. (coordinador)
Sociedad Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G. (Bodega Paco&Lola)
Orujos y Licores Augavella S.L.
Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA).
Colaborador: Grupo de Biotecnología industrial e ingeniería ambiental (BiotecnIA) da Universidade de Vigo.