![](https://www.feuga.es/wp-content/uploads/2019/04/19102018134113_GESCIgal.png)
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e FEUGA organzizan a xornada de presentación do proxecto “Programa formativo en xestión estratéxica e operativa de centros e unidades de investigación de excelencia”.
Este evento terá lugar o próximo día 26 de outubro de 2018 ás 13:00h no Auditorio da Sede FEUGA, rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela (A Coruña).
O acto contará coa seguinte estrutura:
12:30 – 13:00 Rexistro de asistentes
13:00 – 13:30 Presentación institucional do programa a cargo da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dna. Carmen Pomar Tojo
13:30 – 14:30 Relatorio inaugural a cargo de D. Julio E. Celis, unha das personalidades científicas de maior peso en Europa nos últimos anos
14:30 – 16:00 Almorzo